[web]fanzine2 AInsumisaNonSeMerca .pdf
File information
Original filename: [web]fanzine2_AInsumisaNonSeMerca.pdf
This PDF 1.5 document has been generated by , and has been sent on pdf-archive.com on 26/01/2018 at 14:47, from IP address 212.51.x.x.
The current document download page has been viewed 1301 times.
File size: 33.2 MB (29 pages).
Privacy: public file
Share on social networks
Link to this file download page
Document preview
A Coruña...
...de balde
xaneiro de 2018
Por que facemos este fanzine?
Porque vivimos a okupación como unha forma de
apoio mutuo, cooperación, solidariedade e horizontalidade.
Porque estamos fartas de debates estériles, baixo
fórmulas reducionistas de bo/malo, responsable/irresponsable, institucional/dogmático, maduros/infantís, etc.
Porque queremos promover, espallar e ampliar a
idea da okupación como forma de desobediencia
civil.
Porque A Insumisa é moito máis que unha sala de
concertos ou unha sala de exposicións.
Porque temos dereito a seguir sendo suxeitos políticos e non meras consumidoras de ocio.
Porque non estamos dispostas a perder a nosa autonomía mediante inxerencias externas.
Porque estamos creando e promovendo outros xeitos de relacionármonos libres de machismo, racismo,
tortura animal, e fuximos de prácticas autoritarias e
capitalistas.
Porque apoiamos e difundimos accións e xornadas
solidarias con moitas causas sociais e contestatarias
que nunca terán cabida dentro das institucións.
Porque queremos rexernos por nós mesmas e non
ter un xestor externo que nos goberne.
Porque o poder sempre foi o poder e impregna tódalas esferas das nosas vidas, dá igual que o exerza a
Marea, o PSOE ou o PP.
Porque queremos seguir construíndo espazos abertos, participativos e autoxestionados; unha práctica
que é radicalmente oposta a unha xestión municipal
vertical e xerárquica.
Porque cremos nos espazos liberados das lóxicas de
poder e cremos que é de vital importancia a súa
defensa.
Porque toda intromisión institucional por parte do
poder é un auténtico insulto a todo proceso colectivo
horizontal.
Porque non permitiremos que destrúan os nosos
soños.
Porque queremos evidenciar a incongruencia e o
cinismo que supón que aqueles que empregaron os
movementos sociais para chegar ao poder sexan hoxe
os mesmos que reprimen e criminalizan.
Porque non nos afecta a campaña de desprestixio
por parte das institucións e do poder mediático; estamos orgullosas de dar vida a espazos abandonados,
creando redes de solidariedade dende a base, sen ningún tipo de benecio económico.
Porque precisamos seguir sendo libres e tolas.
Porque temos demostrado que podemos realizar as
nosas actividades sen ningún tipo de apoio institucional, sendo este o único modo de manter a nosa autonomía e independencia.
Porque queremos 10, 100, 1000 centros sociais.
Porque os nosos soños non se desaloxan.
Porque desaloxos son disturbios.
Porque a loita é o único camiño.
Por isto e por moito máis facemos este fanzine que
tes agora nas túas mans, tendo en conta que o caso da
Insumisa non é un caso illado. Por todo o Estado está
sucedendo a diferenciación entre “okupas bos”
—aqueles que pactan coas institucións— e “okupas
malos” —aqueles que se negan e resisten—. Nós pertencemos a este segundo grupo, ao grupo que defende
os espazos liberados e autoxestionados, e constrúe un
proxecto común horizontal á marxe do poder.
Temos mil razóns e argumentos e defenderémonos
ante as agresións. Agora máis que nunca...
A INSUMISA NON SE MERCA!
Escolma de fotos da Comandancia de Obras...
Así... así estaban diferentes espazos
a finais de novembro de 2016
„2“
Índice de contidos
■ Editorial Por que facemos este fanzine?
■ Escolma de fotos da Comandancia de Obras
(„antes da okupación“)
■ Índice de contidos (o que estás lendo...)
■ Breve historia da Comandancia de Obras
■ ...O que dá un ano de okupación
(CSO A Insumisa)
■ Reflexións sobre as trolas arredor do
CSO A Insumisa e a okupación en xeral...
- “Marea Atlántica minte”
- “La Coz de Malicia”
■ Pola defensa dos espazos liberados...
- “Autoxestión”
- “Contra a legalización dos espazos okupados”
- “A Insumisa Non Se Merca! (comunicado ante
o posible desaloxo)
■ Escolma de fotos do CSO A Insumisa
(„despois dun ano de okupación“)
■ Contraportada A Insumisa Non Se Merca!
(Campaña informativa sobre o espazo do
CSO A Insumisa, a okupación e a autoxestión)
Información sen data de caducidade. CSO A Insumisa resérvase
a posibilidade da súa revisión en función das agresións que
sufra o espazo pero, en todo caso, manterá a asamblea como
única soberana do mesmo. XYZ ≈ 31415/9265
„3“
Breve historia da Comandancia de obras...
—séculos XIX-XX—
Coma
ndanci
a de O
bras
Ortofoto
1956
1840. Primeira reclamación do dominio
público dos terreos da Maestranza.
1858. Petición dxs rexidorxs locais á
raiña Isabel II: »… Se digne conceder
a este ayuntamiento la propiedad que
la pertenece del terreno que ocupaba
la fortificación demolida entre la
A
de Acuartel
ciudad alta y la baja de la
[co toc ame
población.«
185 nstrui ha nto
9-1 do e
865 ntre
1954. Preparación do terreo:
]
Levantamento dun muro de contención
lindando co barranco da costa dos Pelamios.
1955-1959. Obras de edificación:
Remodelación e reutilización de varios barracóns
existentes e do garaxe; demolición dun barracón
e da cámara de gases.
1961. Obras de pavimentación.
30/06/1984
Acordo de ¿cesión? de varios terreos e edificios
de Defensa: do monte San Pedro; ocupación de
parte de punta Herminia polo paseo marítimo;
conversión do cuartel de Macanaz na Fundación
Luis Seoane; conversión do cuartel de San Amaro
en dependencias municipais…
10/11/1984. Revisión e
adaptación do Plan Xeral.
ncia
nde
e
t
n
de I
llería
que
e Artiertida
d
Par
a
z
n
v
n
ra
Maestn 1994 e co a UdC]
d
e
a
fo
d
n
i
a
t
n
li
a
i
r
[rehab torado e Pa
en Rec
Os terreos de Comandancia
propiamente ditos, quedaron fóra
destes “acordos”; non así os terreos
da Hípica, que no PXOM-84 xa
aparecen en parte como “equipo
deportivo” e parte como edificable;
o PXOM-98 cambiaría a
ordenación, reducindo a superficie
do equipamento e aumentando a
superficie edificable (as famosas
“3 parcelas” que se tentarán
subastar en 2016 para
facer caixa,
31 anos despois...).
»… Ata a década dos
oitenta do século pasado,
a Comandancia de Obras
continuou cumprindo o
seu cometido.«
19/10/1998. Revisión e
adaptación do Plan Xeral.
—s.XXI—
ordenación segundo
o PXOM-84
22/05/2011. Festa da democracia
PP gana por maioría absoluta as
eleccións municipais.
„4“
—2013—
Convenio “curioso” no que todo
o que supón custes pasa a ser
responsabilidade da veciñanza
da Coruña, mentres o ministerio
manten a potestade de facer en
calquer momento o que lle pete
no espazo xa que conserva a
titularidade do mesmo.
Este convenio tampouco define
ningún prazo para a devolución
da propiedade á veciñanza da
Coruña.
25/02/2013. Aprobación definitiva do PXOM
(Plan Xeral de Ordenación Municipal).
05/11/2013. Firma dun CONVENIO polo que se fai
entrega provisional da Comandancia de Obras,
para o seu mantemento, conservación e custodia.
Ministerio de
Defensa
Concello da
Coruña
—2014—
(1)
05/2014. Proyecto de Rehabilitación y
Adecuación de Naves para Uso Cultural y de
Instalaciones de Infraestructuras en la
Parcela de la Antigua Comandancia Militar de
Obras. Campo de la Estrada 6, A Coruña.
CIDEA_Fase 1:
Rehabilitación de tres naves.
—2015—
Este proxecto será do que
“desistirá” o ministerio de
Fomento un ano despois de que
cambiara o goberno municipal.
Son coñecidas as diversas obras
nas que ministerio e concello
están enfrontadas (estación
intermodal, avenida de Alfonso
Molina, terreos do Porto
Interior, o Porto Exterior...).
Retomarase o proxecto e
adxudicarase o 21/12/2017,
dous anos e medio despois (nese
tempo os únicos “impedimentos”
foron a vontade dxs políticxs e a
burrocracia).
Murallas e
aparcamento soterrado
(construido en 2001?)
CIDEA_Fases 2 e 3:
Concurso de ideas para os
espazos libres e dúas naves.
Repartíronse 12.000€ en
premios.
26/01/2015. Aprobación definitiva (Pleno
municipal) da Modificación do Plan Especial de
Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e
Peixaría.
09/04/2015. Fallo do concurso de ideas
para CIDEA: 1º premio = 7.000€;
2º premio = 4.000€; accesit = 1.000€
(2)
Os traballos de demolición
dunha nave (10/01/2017)
custaron 7.343€.
24/05/2015. Festa da democracia
Marea Atlántica gana as eleccións municipais.
„5“
10/11/2015
La Opinión. A Coruña
»Fomento invierte 1,3 millones en la
Comandancia de Obras para uso cultural«
14/11/2015 _ BOE
Anuncio de licitación de:
Dirección General de Arquitectura, Vivienda
y Suelo.
(1A) Objeto: Rehabilitación y adecuación de naves
para uso cultural y de instalaciones de
infraestructuras en la parcela de la antigua
Comandancia Militar de obras de A Coruña.
Expediente:201500000077.
—2016—
As diferencias entre o
parcelario catastral e a
realidade dos recintos fai moi
confusa a identificación de
“qué é qué”, unha dificultade
máis a engadir a todo este
barullo de intereses.
Comandancia
de Obras
24/02/2016
La Opinión. A Coruña
»Defensa subasta sus tres parcelas
de A Maestranza por 24,8 millones«
das”
ivien
V
y
enes”
lmac
cinas
A
y
“Ofi
leres
“Tal
24,8 millóns de euros é o que
pensaba sacar o ministerio de
Defensa por uns terreos a
carón de Comandancia, e o
investimento que propoñía
facer neste espazo era de
1,3 millóns... A que
“paraíso” ían ir os 23,5
millóns de diferenza?
A subasta non se fixo, dado
que as parcelas se atopan en
zona arqueolóxica e, de
apareceren restos de muralla,
podería paralizarse calquer
obra e mesmo anular a
posibilidade de construción...
25/04/2016 _ Plataforma de Contratación del
Estado.
Anuncio de Desistimiento
Por Resolución del Secretario de Estado de
(1A) Infraestructuras, Transporte y Vivienda de
19 de abril de 2016, se anuncia el desistimiento
del contrato [...], por infracción no subsanable
de las normas de preparación del contrato.
En resumo:
Marea Atlántica no Concello
(en minoría),
PP na Xunta
(maioría absoluta),
PP nos Ministerios de
Defensa e de Fomento
(marianería absoluta; cun
novo ministro ao que lle
saltan conflitos alí por onde
pasa, tanto ao longo do reino
como no municipio da
Coruña).
26/06/2016 Festa da democracia
PP gana as eleccións xerais e forma goberno.
25/09/2016 Festa da democracia
PPdG revalida a maioría absoluta na Xunta.
04/11/2016
Íñigo Gómez de la Serna, “el guapo”,
é nomeado ministro de Fomento.
„6“
...O que dá un ano de okupación
a continuación facemos unha escolma
das actividades que se desenvolveron no
espazo do CSO A Insumisa ao
longo dun ano (columna dereita),
acompañada da campaña mediatica e
doutras agresións ao espazo
neste tempo (columna esquerda) ■■■
novembro 2016
Xornadas de Apertura
xoves 24 ■ \\ Xantador vegano \ Asamblea Aberta \
Ceador vegano \ Timba poética \ Queimada \ Foliada /
venres 25 ■ \\ Mañá de traballo \ Xantador vegano \
Intervención teatral “A la sombra del títere” \ Mesa con
colectivos locais \ Ceador vegano \ Concerto: Mulleres na
Batida e Euphoria * Fournier * Goma2Crew /
sábado 26 ■ \\ Pasarrúas \ Xantador vegano \ Proxección
do documental “Okupación en Galicia” \ Mesa con
colectivos galegos \ Concerto: The Fulans * Nec-Metu
* Playa Desmayo * Sesión DJ con Silvia Hotgraves /
luns 28 ■ Xornada de traballo | Asamblea aberta /
decembro 2016
„7“
venres 2 ■ Mercadiño de troco | Proxección de documentais
sobre a okupación | Ceador vegano | Sesión DJ Kutradas /
mércores 14 ■ Asamblea das Aulas de apoio /
xoves 15 ■ Festa Anarcotropical (Sesión Cumbia) | Ceador
vegano /
venres 16 ■ Obradoiro “A Cuestión Interior no Proceso de
Transformación Social” (I) /
sábado 17 ■ Palestra e xornadas sobre “Traballo Sexual
Autónomo Autoxestionado” | Concerto: Neno *
The Soaked Dying /
domingo 18 ■ Obradoiro “A Cuestión Interior no Proceso de
Transformación Social” (II) /
xoves 22 ■ Presentación do Ateneo Libertario Xosé Tarrío |
Teatro “Ás Portas”, pola Compañía Paso de Valverde |
Ceador vegano /
»»decembro 2016
[3]
29/12/2016
Denuncia formulada
polo Gestor del
Patrimonio del
Ministerio de Defensa.
venres 23 ■ Palestra “Iniciación á Bioconstrución” |
Obradoiro de Construción de estufas (I) | Presentación do
Espazo ás Bandas da Cidade /
sábado 24 ■ Obradoiro de Construción de estufas (II) /
luns 26 ■ Xornada de traballo | Concerto: 1991 * Ultrasurf /
xoves 29 ■ Gran Gala de Circo e Clown, con Pablo Trasno,
Pajarito, Marta Sempre Arriba, Odilo, Davizin, Martín Sky,
Anita, Mere Clown, Duende Circo | Ceador vegano |
Pinchada /
venres 30 ■ Concerto: Los Santos * Mack Barracuda /
sábado 31 ■ Ceador vegano | Superfesta Okupa de
Aninovo \\ Sesión con DJ Sara /
??/
Denuncia? formulada
pola Asociación
Provincial de
Hostelería de
A Coruña, presidida
por Héctor Cañete.
Quen é
Héctor
Cañete?
imputado
(”investigado”) por
supostos delitos de
fraude de
subvencións,
malversación de
caudais públicos,
estafa e falsedade
documental, dentro
da ’Operación Zeta’
(investigación do
presunto fraude
masivo de cartos
públicos en cursos
formativos que non se
executaron tras
ingresar a
subvención)
Héctor
Cañete
Beatriz Mato
(ex-Conselleira
de Traballo)
Quen é
Bea Mato?
AKA - #BeaAsiendoCosas
AKA - Conselleira de
Política Territorial.
AKA - colaboradora con
La Voz por convenio.
AKA - voluntaria á
alcaldía d’A Coruña.
“A mí sí me gustaría
[presentarme]”
10/11/2017
„8“
Link to this page
Permanent link
Use the permanent link to the download page to share your document on Facebook, Twitter, LinkedIn, or directly with a contact by e-Mail, Messenger, Whatsapp, Line..
Short link
Use the short link to share your document on Twitter or by text message (SMS)
HTML Code
Copy the following HTML code to share your document on a Website or Blog